Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria da AGAX
A Asociación Galega de Axedrecistas (AGAX) convoca a todos os seus socios e socias á celebración da próxima Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar o vindeiro mes de xuño.
A continuación, detallamos todos os datos relativos á reunión:
Datos do Evento
- Data: Domingo, 14 de xuño de 2026.
- Hora: Ao finalizar a actividade do "Deporte na Rúa" (previsto para o mediodía, 14 horas).
- Lugar: Portal do CUR (Centro Universitario de Riazor), A Coruña.
Orde do Día
- Renovación da Xunta Directiva: Procesos a seguir tras o cesamento do Vicepresidente.
- Programación de actividades: Planificación e debate das propostas para o vindeiro semestre.
Dada a importancia dos puntos a tratar, pregamos a máxima asistencia e puntualidade a tódolos membros da asociación.
Para máis información ou consultas, podedes poñervos en contacto a través das canles habituais da nosa web oficial.





