Hoxe 16 de abril de 2026, temos que lamentar o falecemento do fundador presidente e principal impulsor da nosa entidade, Ernesto Pérez.
O 16 de xuño de 1989 fundase a Asociación Galega de Axedrecistas por Ernesto Pérez Ramil xunto con Jorge Manuel Rey Cortés, José Manuel Varela Montecelo, Eduardo Jesús Pérez Fernández e Oscar Pérez Ramil. Esta asociación nace por a iniciativa de crear unha entidade a beneficio da promoción do xadrez en Galicia.
Desde ese momento a entidade realizou innumerables actividades, torneos e iniciativas co obxectivo de dar a coñecer este deporte entre xogadores pequenos e maiores de Galicia de modo altruísta.
Dende o pasado ano 2025 Ernesto Pérez deixou a presidencia por enfermidade pasando a ser Presidente de honra.
Dende a Agax lamentamos a perda da persoa que adicou a súa vida ao xadrez e o asociacionismo e a cultura galega que levaremos todos sempre no noso recordo.
D.E.P