AGAX estrea nova web


A Asociación Galega de Xadrez moderniza a súa presenza en liña cunha nova páxina web: www.agax.org. Cun deseño máis limpo, adaptado a móbiles e ordenadores, esta plataforma unifica toda a información que antes estaba repartida en distintas webs da asociación.

Agora é máis doado atopar torneos, actividades, resultados, arquivos e novidades nun único espazo. A web está pensada para facilitar a participación e o acceso á comunidade xadrecista galega.

Convidámoste a visitala, compartila e seguir conectando a través dela. AGAX medra contigo!