Imos levar unha das actividades que realizamos co Concello da Coruña ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).
PEQUENA HOMENAXE A J. PALLAS
O pasado sábado na xornada inaugural da Liga 2024 aproveitamos para entregarlle unha placa a Jesús Pallas. Como xogador participou en distintos equipos de xadrez como Deportivo, Artesanos e Xadrez das Mariñas (tras a absorción de Artesanos), equipo no que segue a militar. Como organizador hai 50 anos foi o primeiro en organizar un suizo aberto na Coruña.
TORNEO CONMEMORATIVO: 50 ANOS DE SUIZOS
Nun ano no que estamos a celebrar os 40 anos de xadrez nos Dominicos e a 75 edición do Torneo de Navidad, temos outra conmemoración, que se ben pode non ser tan interesante, no seu día marcou un pequeno logro; o de facer por primeira vez na cidade un torneo aberto coa modalidade de sistema suizo.
Será o vindeiro sábado en Los Rosales.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)