PEQUENA HOMENAXE A J. PALLAS
O pasado sábado na xornada inaugural da Liga 2024 aproveitamos para entregarlle unha placa a Jesús Pallas. Como xogador participou en distintos equipos de xadrez como Deportivo, Artesanos e Xadrez das Mariñas (tras a absorción de Artesanos), equipo no que segue a militar. Como organizador hai 50 anos foi o primeiro en organizar un suizo aberto na Coruña.