I TORNEO DO ARENTEIRO

A Asociación Galega de Axedrecistas cumpre o día 1 de setembro 30 anos.
E o fará cunha fin de semana de actividades en Ourense, o sábado 31 co Torneo de Celanova e o domingo 1 cun torneo nun dos lugares onde se xestou a asociación; O Carballiño.

Mais info

PEDRO ZURANO GAÑOU O PAZO DE TOR

O xogador do Club Salou Pedro Zurano venceu na primeira edición do Torneo de Xadrez Pazo de Tor, segundo foi o local Juan Jose Dieguez e terceiro o xogador coruñés Daniel Codesido.
Grazas a Rede Museística da Deputación de Lugo polo apoio.

Mais info
ESTEBAN FIDALGO GAÑOU O ASALTO

O xogador de Exalcoholicos e local en Vimianzo, Esteban Fidalgo gañou a segunda edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
Por detrás quedaron Brais Casas e Juan J. Lema.

Mais info


I TORNEO XADREZ DE SAN ROSENDO

O XXX Aniversario da Asociación vai ter este ano un escenario novo e privelexiado; o espazo onde estiveron as pezas de xadrez mais antigas das que teñamos constancia en Galicia: Celanova.

Conxuntamente co Concello de Celanova e Xadrez Celanova presentamos este torneo, valedoiro para ELO FIDE, o sábado 31 de agosto de 2019.

Mais info
I Torneo de Xadrez Pazo de Tor,

O sábado 27 de xullo temos este Torneo en Monforte.
Como sabedes este ano temos a intención de celebrar o noso XXX Aniversario coa creación de novos torneos, especialmente dos que axuden a difundir o patrimonio cultural.

Mais info
FALECE LUIS CARLOS MARTINEZ

O CIDU ven de comunicar o pasamento de Luis Carlos Martínez, un dos impulsores hai 25 anos desta entidade. Luis Carlos contaba con 80 anos e e participou con diferentes equipos da cidade da Coruña, como o Deportivo no que coincidiu con Domingos Merino, ata a creación do CIDU.

Mais info
TORNEO POR EQUIPOS XADREZ DAS MARIÑAS

Este sábado 22 tivo lugar a primeira edición dun novo torneo por equipos, con dez conxuntos participantes, entre os que quedou vencedor o Betanzos, seguido por Macondo e TDFC.

Mais info
XADREZ NOS ROSALES

Durante 5 semanas, os mércores vai haber xadrez no Centro Comercial Los Rosales.

Unha proba para futuras actividades semanais neste centro comercial.
ACTIVIDADES DA ESCOLA INCUDE NO VERAN

O CIDU e INCUDE veñen de anunciar as súas propostas para este verán. Clases de iniciación para rapaces e adultos, semana de xogos... ás que se engaden os torneos dos mércores e venres.

Mais info
RESULTADO DO TORNEO MUSEO MILITAR

O asturiano Héctor Rodríguez, xogador do CIDU coruñés e presidente da asociación de estudantes da UDC, INCUDE, logrou vencer na primeira edición do Torneo do Museo Militar. Daniel Codesido, do CIDU foi segundo e Pablo Castiñeiras, do Regatas Perillo, terceiro.
Jorge Humberto Barale, do ETX foi o mellor xogador veterán e Pablo Iglesias, do CIDU, o mellor sub14.

Mais info