XXVIII TORNEO DO ROSARIO

Seguindo coas actuacións apoiadas polo Concello da Coruña, o 9 de outubro celebraremos no Sporting Club Casino (Rúa Real) o Torneo do Rosario, un dos mais antigos dos que creamos en AGAX.

Será pola tarde con trofeos para os tres primeiros das categorias absoluta, sub12, sub10 e  sub8 e cun trofeo ao mellor senior (+60).  Haberá tamén medalla para todos os sub14.