TORNEOS INTERNOS E AFILIACION

Hoxe mércores 28 teremos o Torneo de Rápidas para socios ás 19,30 no Centro Universitario de Riazor.
Haberá trofeo para o primeiro clasificado. É de balde para socios e durante este nadal desenvolveremos tamén o torneo de semirrápidas e a Copa AGAX.
Por participar en calquera destes torneos levarás o libro do XXV Aniversario de AGAX.
Faite socio!