CASA DO XADREZ NA CORUÑA

Nos últimos anos é un dos obxectivos de AGAX; lograr un espazo adicado ao xadrez. En 2014 deuse un paso na dirección correcta ao crearse a Asociación Xadrez Coruñés e recuperar o Torneo de Reis.
A Casa do Xadrez será o obxectivo prioritario dos vindeiros anos. O fin de semana a candidatura do PP incluiu a casa do xadrez no seu proxecto para os terreos da Estación de Autobuses, cando se realice a intermodal. A ver o que logramos antes.